O Consello da Avogacía Galega está conformado polos sete colexios de avogados de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo). O seu estatuto foi aprobado por Decreto 130/93, de 3 de xuño, da Consellería da Presidencia. A súa sede reside na Coruña, por ser o lugar no que ten a súa sede o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Entre as competencias máis salientables do Consello están: A coordinación da acción conxunta dos Colexios de avogados que o conforman. As relacións cos órganos da Administración Autonómica especialmente coa Direción Xeral de Xustiza. O exercicio da potestade disciplinaria, mediante a resolución dos recursos de alzada interpostos contra os acordos dos colexios neste eido, ou a resolución, en primeira instancia, dos expedientes en materia disciplinaria que afecten a membros das xuntas de goberno dos colexios de avogados, excluído o decano (neste caso a competencia pertence ao Consejo General de la Abogacía Española) Preámbulo do decreto de creación do Consello da Avogacía Galega. De conformidade co que dispón o Decreto 130/93 do 3 de xuño, da Xunta de Galicia, polo que se aproba a creación do Consello da Avogacía Galega e os seus estatutos, o Consello da Avogacía Galega é unha corporación de dereito público integrada polos ilustres colexios de avogados de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevera, Ferrol, Vigo e Santiago), a finalidade do cal, de acordo co art. 4 destes estatutos, é a de agrupar, coordinar os colexios de avogados integrados nel e asumir a súa representación en cuestións de interese común ante a Xunta de Galicia e, en xeral, ante calquera organismo, institución ou persoa, física ou xurídica, en todo canto sexa necesario para o cumprimento dos seus fins.
Información de Contacto
Federico Tapia, 11, 1º A Coruña, 15004
Información detallada