UA
0.000
Información de Contacto
Rúa Montero Ríos Santiago de Compostela , A Coruña 15701, España
Ubicación
Información detallada

Acompañamento psicolóxico para persoas adultas a través das ferramentas da Terapia Gestalt. Consulta psicolóxica. Sesións individuais para persoas adultas en Santiago de Compostela. Psicoterapia Gestalt, Humanista. Son Sandra M. Fernández _Psicóloga, psicóloga colexiada, educadora social e formadora con ampla experiencia na atención a persoas en contextos individuais e grupais. Atendo en Santiago de Compostela (preto da Praza de Galicia). Trátase dun espazo de acompañamento psicolóxico (en atención individual) para persoas adultas que están a atravesar por unha situación vital que perciben que lles sobrepasa ou non comprenden, que viven con sufrimento e/ou supón certas limitacións. En Sandra M. Fernández _Psicóloga acompaño a persoas no seu proceso de atoparse dende unha mirada atenta, escoita activa e ausencia de xuízo, ademais da atención plena a todas as áreas que conforman unha persoa: pensamentos, emocións e sensacións corporais. Coido que todo está en relación, por iso uso as ferramentas que me proporciona a Terapia Gestalt: estar no “aquí e agora” como eixo central, a respiración, a consciencia corporal, o contacto, a palabra e a expresión creativa das emocións ao servizo do “darse conta”.

https://analytics.google.com/analytics/web/?authuser=0#/a19873651w39653599p39359059/admin/integrations/adsense/editor/MELVhoLOS4O55HAh2VocUA